Miguel Vilacoba, Presidente da Federación Teucro
En Primeiro lugar manifestar que quen suscribe este escrito, dende o mes de febreiro do 2010 xa non pertence a dirección da Unión Comarcal de Comisións Obreiras en Pontevedra, e polo tanto calquer manifestación que faga non ten nada que ver con dita organización, senón que ou ben son a titulo persoal ou como representante da mencionada Federación.
Por outra banda Comisións Obreiras sempre defendeu o mantemento da fabrica no emprazamento actual e non como outras organizacións sindicais oportunistas que nunca se destacaron pola defensa da fabrica e que agora que teñen representación o fan tal como os conversos denunciaban os xudeus, e dicir con moita pasión.
No que atinxe as manifestación efectuadas por min referentes a fabrica de ELNOSA, responden a unha posición da organización a que represento e que como se supón, esta composta por cidadáns e asociacións de todo tipo e ideoloxía e é froito dun largo debate, no que se amosaron posicións en tódolos sentidos, dende os partidarios de que todo o complexo debe desaparecer do seu emprazamento actual, ata os que defenden a permanencia no mesmo. En relación con ELNOSA, as manifestacións efectuadas por min reflexan unha realidade manifesta que é que a tecnoloxía que actualmente utiliza é obsoleta e que debe ser modificada, extremo este recoñecido pola industria do Cloro que firmou un acordo para trocala, pois ben diante desta realidade o que plantexamos e a construción dunha nova fabrica coa máis moderna tecnoloxía e que non so permita manter os postos de traballo na comarca senón que contribuía a crear máis.
Froito do debate comentado con anterioridade é a posición ben coñecida desta Federación respecto da fabrica de ENCE, pois xa foi posta de manifesto publicamente e que consiste basicamente, no mantemento dos postos de traballo na Comarca de Pontevedra, tendo en conta que existe un consenso por parte dos partidos políticos de que no 2018 ten que deixar o seu emprazamento actual, pero é máis, instamos que xa que son as organizacións políticas as que teñen tan claro que se debe producir o traslado, instámolas a que sexan elas mesmas as que poñan enriba da mesa a solución o problema, buscando unha ubicación alternativa a mesma e a financiación necesaria para facer atractiva a inversión o dono da fabrica, pois somos conscentes de que de non ser así perderíase todo e potencial tanto económico como no eido laboral que supón a permanencia da fabrica de ENCE na Comarca, neste sentido nos fixemos unha proposta tan valida como outra calquera e despois de realizar consultas con moitos dos axentes que interveñen en todo o proceso da madeira, que afondaba no peche do ciclo do papel e ademais plantexaba outros aproveitamentos da madeira de xeito que arredor do ciclo forestal en Pontevedra fosemos un referente en aproveitar tódolos recursos que o monte nos ofrece. No panorama actual onde a empresa manifestou claramente cal é a súa posición e cando máis importante é o papel das forzas políticas xa que teñen que tomar unha decisión valente para que Pontevedra non perda o tren do emprego industrial e sexan quen de dar solución o problema e non parte del, e polo tanto que dunha vez por todas este tema teña solución e deixe de ser moeda de troco cada vez que se acerca un período electoral.
Pontevedra, 23 de decembro de 2011
Asdo: Miguel Anxo Vilacoba García
Presidente da Fed. AA.VV. Teucro
No hay comentarios:
Publicar un comentario