añadir paginas

sábado, 22 de mayo de 2010

Declaraciones de Ramón Vidal Trillo (Secretario Comarcal de UXT)

"Temos que ser a California de Europa"
O líder sindical aposta por aproveitar a crise para levar a economía de Pontevedra e Galicia cara os servizos de calidade.

–¿Cre que Ence deixará a Ría antes de 2018?
–Se hai un interés claro por parte de Administración de coller e impulsar o cambio, pois poderase facer. Hai moitas posibilidades. Nós estamos en sintonía cos nosos representantes sindicais na empresa. Temos claro que a ubicación na que está a empresa agora mesmo non é a idónea e que é evidente que hai que buscar un cambio. Un traslado dentro dun radio de 20 ou 30 minutos. Hai espazos suficientes para ubicar a empresa con novas tecnoloxías e co peche do ciclo. A opción de Marcón non é a axeitada. Principalmente porque dentro dun determinado tempo suporía un bloqueo ao crecemento da cidade. Teríamos o mesmo problema que o de agora.

Pincha sobre el titular para más información.

No hay comentarios:

Publicar un comentario