Proposta de CC.OO. para “ Resolución do Comité de Empresa do Grupo Empresarial Ence S.A. sobor da sentencia do TSXG que declara a legalidade do Decreto da Xunta de Galicia de Supramunicipalidade para a construcción dunha fábrica de papel tisú en Lourizán”.
O día 27 de xaneiro, os medios de comunicación, deron a coñecer a sentecia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se declara a plena legalidade do Decreto de supramunicipalidade para a construcción dunha fábrica de papel tisú en Lourizán.
Dita Sentencia certifica a plena legalidade do proxecto de construcción dunha fábrica de papel tisú en Lourizán entre Ence e a papeleira Unión Pacific, que supoñía a creación de 200 postos de traballo directos, e alomenos 400 indirectos.
Polo tanto, todos aqueles membros do Goberno Municipal de Pontevedra que afirmaron ata a saciedade que o Decreto era ilegal, non só fixeron declaracions e argumentacions falsas, senón que coa súa actuación irresponsable impediron a creación de emprego industrial, directo e indirecto, tan necesario para esta situación que vivimos de crise económica.
Coa presentación do recurso por parte do Concello de Pontevedra utilizaronse medios e recursos públicos para defender unha posición política ilegal, que tan graves consecuencias causou o emprego da Comarca de Pontevedra.
Por eso, o Comité de Empresa do Grupo Empresarial Ence S.A. acorda:
1º.- Esixencia de responsabilidades políticas a quenes tiveron unha actuación tan irresponsable e perxudicial para os traballadores e traballadoras da Comarca, e que se deben de concretar na dimisión de: O Alcalde de Pontevedra, o anterior concelleiro de urbanismo e a portavoz do PSdeG-PSOE.
2º.- Convocar os traballadores e traballadoras de ENCE ó pleno ordinario do mes de Febreiro do Concello de Pontevedra para trasladar “in situ” a repulsa dos traballadores e traballadoras á actuación ilegal mantida polo Goberno municipal.
Lourizán a 2 de febreiro de 2.010.
-Antonio Ligero Santana-
-Delegado Sindical-
-Antonio Ligero Santana-
-Delegado Sindical-
Cabe reseñaros que dicha propuesta se adjunto al acta del Comité de Empresa el día 2 de Febrero de 2010 y sometida a votación con el siguiente resultado:
Votos a favor: 3 de CC.OO. y 1 CSIF.
Votos en contra: 5 CIG y 3 UGT.
No hay comentarios:
Publicar un comentario