Como todos somos donos dos nosos silencios e prisioneiros das nosas palabras, gústanos de cando en vez facer un repaso a hemeroteca e atoparnos cos barrotes en forma de palabras das gaiolas, neste caso do noso rexidor municipal, que o pasado mes de setembro facía unhas declaracións, sobor da posible instalación dunha planta de biomasa de Ence das que o periodista nos ofrecía o seguinte titular:
Fernández Lores ve “demagógico” que Ence aluda a los empleos por la biomasa (preme para ver a noticia)
E o longo do artículo fai as seguintes declaracións:
“…liberar la ría de las fábricas de Ence y Elnosa “generaría mucha más riqueza” asociada al marisqueo o al turismo”
Con declaracións coma esas, sen argumentos, sen sentidiño ningún, mentindo descaradamente, e dicir, facendo demagoxia pura e dura, pois para quen non o saiba demagoxia é a “manipulación da opinión pública para facela instrumento da propia ambición política” (é curioso cos da APDR sempre digan o mesmo apoiándose nos datos dun suposto estudo que NUNCA fixeron público).
E xa que tildamos a Lores de demagogo e mentireiro, teremos que mostrarvos por que é que minte.
Cando fala da riqueza asociada ó marisqueo, seica non sabe que dende o ano 2000 está a baixar o número de permisos para o marisqueo, en TÓDALAS rías galegas, con ou sen Ence, a que mais a de Arousa, e a de Lourizán, zona C polos vertidos de coliformes fecais da ILEGAL EDAR MUNICIPAL DOS PRACERES, ver si non o seguinte enlace:
El descenso de permisos para marisqueo desde 2000 afecta a todas las rías gallegas (preme para ver a noticia)
E cando fala de turismo, casi nos entra a risa floxa, pois para mostra un botón.
Pontevedra y Vigo cierran con apenas un 40% de ocupación hotelera un puente turístico "mediocre" (preme para ver a noticia)
O demagogo alcalde de Pontevedra, quere facer crer a cidadanía có futuro do emprego na cidade, pasa por seren mariscador@s ou camareir@s, que por si fora pouco son empregos estacionais e en xeral, de moi baixa cualificación e con baixos salarios.
Nembargantes a realidade, aínda que o cegato de Lores, non o queira ver, é que esta planta crearía postos de traballo reais e riqueza na comarca, como a están a crear as inversións previstas para a papeleira de Georgia Pacific, en principio destinadas a Lourizán e que se invertiron na ampliación da de Allo (Navarra).
Papelera de Allo (preme para vela noticia)
Pero aquí NON, aquí sempre nos quedará Mitsubishi.
No hay comentarios:
Publicar un comentario